viernes, 28 de abril de 2017

Proxectos con Emocións

Os nenxs de 4ºA de Primaria están traballando a Intelixencia Emocional¡¡¡ 💚😃😍

E como a estan traballando?? Os preguntaredes, pois...

Con dous proxectos, “O Baúl dos Segredos” e “ Faime Feliz”

“O Baúl dos Segredos”é  un buzón onde os alumnos e alumnas poden expresar anónimamente os seus sentimentos, compartir suxerencias para levar a cabo na clase, se son viables, ou simplemente expresar as súas opinións sobre o seu día a día.. Unha vez á semana abren o buzón e comparten experiencias. O obxectivo é mellorar a convivencia entre todos.



No proxecto “Faime Feliz” primeiro elaboraron un “Pasaporte da Felicidade”onde se recollen os seus datos. A misión que deben procurar é a de facer feliz a alguén cada día e para iso deberán esforzarse en pensar qué tipo de cousas poden facer sentir ben a unha persoa; dar cariño, apoiar os demáis, aliviar carga de traballo, facer un agasallo, axudar a un descoñecido, pasar máis tempo con algún ser querido xogando ou falando...Hai moita xente á procura de felicidade, familia, amigos, compañeiros, mestres, veciños, descoñecidos....un mundo por diante para facelo máis feliz. Deste xeito contribuímos a mellorar as nosas relacións na sociedade. Con cada experiencia acreditada por escrito se lles dará un selo no seu pasaporte e cando consigan 5 selos, eles tamén gañarán unha experiencia que lles fará felices.

Elxs poden facer un mundo máis feliz, e ti tamén ADIANTEE¡¡ Non existe maior felicidade que facer feliz ós demáis. 


domingo, 26 de marzo de 2017

NOVAS PLANTAS NA HORTA!!! ADIVIÑAREDES CALES SON?



A PRIMAVERA...O SANGUE ALTERA!!

E ás nenas e aos nenos de 6º E.I. tamén, pois esta semana estivemos traballando arreo para ter un obradoiro preparado para a visita dos venres.

Tras moito cavilar...decidimos facer uns mouchos! que non coñecedes o que son?? pois aquí vos deixamos unhas imáxenes para que vos fagades unha idea.




AÍNDA NON SABEDES?

Non vos preocupedes, porque o venres 24 de Marzo de 2017 voltaron papás e mamás ao Colexio Montesol e eles daranvos a resposta!

Coma sempre, comezamos coas presentacións! 

Dade a benvida a...Rosa, a mamá de Pablo F.C. Jesús, o papá de Iván. Bea, a mamá de Pablo F.P. e Paula, a mamá de Jorge!!

Despois desta benvida fixemos un breve repaso das ferramentas e das normas dos semilleiros e da horta porque non todas as mamás e papás o saben!! E xa non vos entretemos máis porque queredes ver o que fixeron non??





AJÁ! Isto xa vai collendo forma! estes mouchos son testos cheos de abono ou sustrato ecolóxico nos que plantamos unhas flores moi resistentes para a primavera - verán, pero cales?

Vamos a darvos unha pista...o seu nome, en galego, comeza pola letra X, en castelán pola G...

outra pista?

Pódese cultivar en xardíns, terrazas ou balcóns!

Xa a tedes??

SIII, XERANIOS!!


Existen moitos tipos de xeranios e os seus coidados son ben sinxelos polo que se queredes saber máis dexámosvos unha páxina adicada a esta fermosa flor.


Mais, a mañá non rematou aquí, pois os papás e mamás tiveron que plantar eles sós sementes de allo porro e sandía fixádevos se o fixeron correctamente!




MOI BEN!! XA SON PROFESIONAIS!!

E como bos profesionais necesitan dun diploma para certificar que estiveron axudando neste proxecto!


MOITÍSIMAS GRAZAS!!

Unha vez feita a despedida levamos  cadanseus testos á horta para que o sol faga o seu traballo coas flores...




ESPEREMOS QUE MEDREN PRONTO, ESTAREMOS MOI ATENTXS!!

jueves, 23 de marzo de 2017

OS FARAÓNS E FARAOAS CHEGARON AO COLEXIO MONTESOL!



DESPOIS DE VISITAR O AMAZONAS,  NAS AULAS DE 5º E.I. SEGUIMOS CAMIÑANDO E NON SABEDES A ONDE CHEGAMOS!!!

AO ANTIGO EXIPTO!!!!



As nenas e nenos foron presentando cadanseus proxectos que fixeron con axuda das persoas as que máis queren...AS SÚAS MAMÁS E PAPÁS!






OS RESULTADOS SON ESPECTACULARES!!!

Mais isto non remata aquí, pois as danzas de Exipto invadiron as nosas aulas e ensináronnos cousas tan curiosas como que a "danza do ventre" báilana só as mulleres xa que é unha maneira de pedirlle á LÚA que as deixe embarazadas!!



MÚSICA E A BAILAR!!!

Por último, dicirvos que na Radio do Colexio Montesol haberá unha sorpresa sobre este proxecto, non a perdades de vista!!


martes, 21 de marzo de 2017

As superheroínas de 3º e 4º

Estas son as obras que o alumnado fixo para o día da muller. Son moi PODEROSAS













Os irmáns con Carla



OS IRMÁNS: sempre teñen que QUERERSE😍😍



Os irmáns sempre teñen que RESPETARSE, aínda que as veces teñan pelexas, non teñen que olvidar que se queren.

O meu irmán e eu tamen temos que aprender iso. 🙈 Pero en realidade, querémonos moito.
Él é maior e a veces cómprame chuches, xogamos e axudame cos deberes.


                                                 
                                                           Grazas por lernos 😤

domingo, 19 de marzo de 2017

XA TEMOS PATACAS NA HORTA!!



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO PARA QUE VEXADES COMO TRANSCORRE A HORTA ECOLÓXICA DO COLEXIO MONTESOL!

O venres 17 de marzo de 2017 asistiron ao centro outras nais e pais dxs alumnxs de 6º E.I.

Así que sen máis dilación, vouvolos a presentar!!

Alberto, o papá de Nicole. Carmen, a mamá de Lorena. Olalla, a mamá de Alan. Paz, a mamá de Grecia. Margarita, a mamá de David. Felipe, o papá de Irene e Yago, o papá de Izan.


Despois desta calurosa presentación, fixemos un recordatorio das normas da horta para que tanto xs nenxs coma os maiores se conciencien e respeten o entorno no que van a participar.

E...A TRABALLAR??

UN MOMENTO!!

Primeiro, fomos entrando por grupos de maneira ordenada a cada un dos caixóns que estivemos preparando na anterior sesión.
E LOGO...PUXÉMONOS AS LUVAS PARA PLANTAR....

PATACAS!!!😀😀😀😀

Mais, non se pode plantar sen antes atender a unhas breves explicacións, como que nunha finca antes de introducilas patacas na terra hai que facer un rego, é dicir, cun sacho realizaremos unha liña recta duns 10 cm de profundidade aproximadamente, colocaremos a primeira pataca e a seguinte a uns tres pasos. No caso de que o lugar da plantación sexa escaso, simplemente faremos un burato, enterraremola pataca e a seguinte será a uns catro dedos de distancia. Tamén é moi importante plantar as patacas co seu ollo cara arriba para que saian os talos e as follas cara fóra.

E ASÍ O FIXEMOS ENTRE TODXS!







POR ÚLTIMO, E NON MENOS IMPORTANTE, LIMPAMOS DE NOVO AS FERRAMENTAS, DEIXAMOS AS LUVAS E PREMIAMOS AOS MAIORES POLO SEU MARABILLOSO TRABALLO!

1, 2, 3...PATACAAAA!!


MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO!

jueves, 16 de marzo de 2017

BUENOS VÍAS... CON V


GENIAL, INCREÍBLE, FANTÁSTICA, así podemos describir a experiencia que vivimos en Vía Radio, cando arrancamos con este proxecto non pensamos que íamos a ter a posibilidade de vivir un programa de radío desde dentro, e non só vivilo, FORMAR PARTE DEL UNHA HORA.




Chegamos alí as 8:25, antes de subir, solucionamos as dudas entre todos, e acabamos de dividir as intervencións.
Abriron a porta e mentres soaba a música, pudimos saudar a Helena, Juan e Gotchi, directamente sentámonos e nos deron paso.


Podedes escoitar o programa clickando en VÍA RADIO.

Aproveitábamos os paróns para ir reorganizando o programa, vendo quen arrancaba..., pero ao final e radio está viva, tes que improvisar, e adaptarte os demais, e dende o meu punto de vista, adaptáronse moi ben. Soprendéronme, as súas bromas improvisadas, a súa naturalidade, o relaxadxs que estaban e como se expresaron, existe unha mellora dende o primeiro día e máis se temos en conta que saían nunha radio de verdade.


O trato destes profesionais foi xenial, animando, aconsellando e sempre de bo humor, e moi sinxelo traballar con elxs.

Axel (dj) viviu a experiencia dende o punto de vista de Gotchi, aprendendo e alucinando moito.

Ao rematar o programa estivemos falando unha hora con Gotchi, onde coñecimos toda a radio, e recibimos unha masterclass, de como funciona unha radio, como debe ser un locutor, plans futuros para vía radio, consellos e anecdotas...



Rematamos co primeiro que vivos ao chegar, é un gusto traballar con estas vista, pero o mellor e traballar con esas persoas.
Moitísimas grazas Gotchi, Helena e Juan por todo, espero que nos deixedes volver con outro grupo, xa que neste colexio temos GRANDES PERIODISTAS.